CRTVG

Buscar

Buscadores de naufraxios

Santa María Magdalena

04/11/2018 20:15 h

O equipo do programa “Buscadores de Naufraxios” coñecerá hoxe a Anxo González, que se mergullou en pecios, covas e, mesmo baixo o xeo, pero ningunha inmersión o impresiona máis que a da Fragata Santa María Magdalena.

Foi o primeiro pecio que visitou e séguelle producindo un gran respecto, xa que cada vez que se mergulla nel sente que está homenaxeando os máis de 500 mariñeiros que faleceron neste naufraxio.

A fragata Santa María Magdalena afundiuse hai máis de 200 anos na ría de Viveiro cando o Imperio Napoleónico pretendía conquistar o norte da península.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: