CRTVG

Buscar

Destino Santiago

Terceira semana. De Logroño a Burgos

08/04/2017 20:25 h

Os peregrinos mergúllanse na Rioxa, onde fan unha parada en Nájera e percorren lugares como Santo Domingo de la Calzada e Belorado. Nesta comunidade, os protagonistas gozaron dunha viaxe en globo pola Rioxa Alta, da gastronomía e do turismo da zona, e puideron comentar as súas experiencias e inquedanzas do vivido nas etapas, sempre acompañados de música e dos bos momentos.
A peregrinaxe de Lucía Pérez e Tonhito de Poi pode seguirse a través da canle temática na web da CRTVG e a Televisión de Galicia, e tamén na Radio Galega e a través de redes sociais, empregando o cancelo #destinoStgo e os perfís de Twitter, Instagram e Facebook “Destinostgo”. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: