CRTVG

Buscar

"Reencarnación, si ou non?"

24/02/2015 - 00:30 h

Laretando

Cun formato de 'talkshow', “Laretando” é un programa de xente que polemiza sobre asuntos dos que todo o mundo ten opinión. Ben porque lle compete persoalmente  ou porque lle toca de preto a alguén da súa contorna. Temas amenos, como se está ben cambiar o mobiliario do piso que deixaron os sogros para vivir, se é boa idea facer as carreiras que están a estudar os fillos ou se é mellor veranear na aldea ou en Benidorm.

Esta nova proposta da Galega preséntase como unha confrontación de posturas con graza e retranca, sempre dentro da loita dialéctica ocorrente e sen provocar situacións “tensas” no enfrontamento.

Kiko Novoa, cuxa voz recoñecerá gran parte da audiencia por acompañar os oíntes da Radio Galega desde hai case dúas décadas e desde hai cinco tempadas ao fronte do espazo matinal “Galicia por Diante”, dá o salto agora á pequena pantalla, arroupado por un equipo de colaboradores ou “lareteiros”, que defenderán as súas ideas sempre con simpatía. Entre eles atópanse numerosas facianas coñecidas, como David Perdomo, Mariana Carballal, Olaya Rivas, Damián Cortés, Saly, Patricia Hermida, Pepe Capelán, Octavio Villazala, Fátima Pego ou Iria Piñeiro.

Cunha duración de 30', cada edición de “Laretando” rematará coa votación do público presente no estudo de televisión, que decidirá que postura foi a preferida. ”Laretando” é un espazo producido por Centroña Producións Audiovisuais, SL para a Televisión de Galicia.  

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Laretando á carta