CRTVG

Buscar

Capítulos 509 e 510

28/06/2016 - 22:15 h
Capítulo 508
27/06/2016
15:45 h
Capítulo 507
24/06/2016
15:45 h
Capítulo 506
23/06/2016
15:45 h

O Faro

Benvidos ao Faro, un restaurante familiar onde se serve comida caseira, un lugar querido por todos onde a camareira, Lucía, lembra os gustos de cada un dos clientes, onde a avoa Fina cumpre todos os caprichos destes, onde Ánxela ten o seu reino particular na súa cociña e onde se criou Xosé. Lucía criouse tamén entre estas mesas e aínda que ás veces soñe con montar o seu propio restaurante, moito máis urbano, cando O Faro a necesita vai ser a primeira en loitar por el.

No Faro acaban confluíndo todos os personaxes, todo ocorre aquí, é case un refuxio para moitos dos nosos protagonistas: Xesús atopa alí a familia que xa non ten cerca, Iolanda come o arroz con leite que xa ninguén lle fai, Pilar acode tras pechar a gasolineira… Moitos teñen incluso a súa mesa, e outros terana…

Pero a vida deste entrañable e apracible lugar que se mantivo en pé durante décadas vai cambiar para sempre, este negocio familiar que montaron os pais de Fina está ameazado, o que fará que os espectadores teñan a alma nun puño por saber cal será o futuro deste lugar.

Personaxes

Patricia (María Mera) // Víctor (Adrián Castiñeiras) // Manuel (Aníbal Soto) // Fina (Lucía Merelas) // Iolanda (Julia Möller) // Santiago (Carlos Olalla) // Lucía (Raquel Espada) // Miguel (Manu Regueiro) // Ricardo (Fernando Tato) // Rosa (Rebeca Montero) // Xosé (César Goldi) // Ánxela (Sonia Rúa) // Xesús (Manuel Millán) // Alexandre (Denís Gómez) // Pilar (Clara Gayo) // Erea (Susana Sampedro) // Lidia (María Tasende).

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

O Faro á carta