CRTVG

Buscar

Víctor Tasende e COGAMI

20/06/2017 - 12:00 h

Sen barreiras

O programa ten como obxectivo visibilizar as barreiras físicas xunto coas emocionais que impiden a moitas persoas desenvolver as súas vidas sen necesidades de terceiros. A través de testemuñas afectadas, directa ou indirectamente, comprobamos o difícil que resulta as veces convivir nun mundo que pouco a pouco tende a esquecer aquelas persoas que non encaixan na categoría de "capacitado" que marca a sociedade.

O programa pretende normalizar o tratamento que reciben as persoas con discapacidade, normalmente reflectidas como non válidas ou que necesitan compaixón. Que alguén con discapacidade realice unha tarefa normal ou vaia traballar non debería amosarse como unha noticia. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Sen barreiras á carta